CONCLUSIÓN

Co transcurso dos anos, a mitoloxía e mais os seres mitolóxicos foron deixándose de lado debido ó nacemento da filosofía e a ciencia, as cales repudiaban calquera idea que non puidese ser explicada coa razón e a experimentación.

Sen embargo, e a pesar da imposición da lóxica, a mitoloxía conseguiu chegar ata os nosos días, sobrevivindo ó paso do tempo.

Nas cidades estase a esquecer o tema da mitoloxía, pero nas vilas e nas aldeas sempre van estar presentes estes seres pois forman parte da tradición popular galega.

Debemos axudar a manter vivos na nosa memoria estes seres míticos, xa que forman unha parte moi importante do noso pasado e nos axudan a comprender as mentes dos nosos antepasados.