O HOME DO SACO

Falouse moito del durante a primeira guerra mundial, e despois, coincidindo coas guerras, que sempre traen cousas malas. A miúdo os pais cando os infantes non os obedecían ameazabanos co home do saco, pero en realidade a rebeldía dos pequenos non era a razón pola que o home do saco os levaba con el.

Sae sempre de noite. Ten figura de home, alto forte, fusco, esfarrapado, que leva ó lombo un saco disposto para meter nel os nenos que consegue atrapar, ós cales logo obriga a facer maldades. Se os cativos non lle obedecen o home do saco asasínaos.