CHUPASANGUES


Nas noites de inverno agóchase nos recantos escuros que abeiran os camiños e as rúas por onde regresan os nenos da escola. Ó que colle mátao e chúchalle o sangue. Adoita levar os cadáveres das víctimas para a súa casa e amoréanos debaixo da cama. Hai vampiros que intentan deixar de comer humanos e chúchanlle o sangue ós animais, como por exemplo as vacas.

Os chupasangues adoitan ter unha apariencia agradable para atraer as súas presas, son moi belos e ós ollos humanos son a perfección absoluta. Aínda que hai algúns que son moi feos para asustar as súas vítimas. En tódolos sitios hai destes dous tipos de chupasangues.