PAXARO DA MORTE

Chámaselle así a este animal porque anuncia a morte das persoas, para advertir a morte das persoas canta, laia estarrecedoramente ou fala con voz lúgubre. Actúa de noite e pénsase que é invisible posto que ninguén nunca o viu, só o escoitaron. Ten outros nomes como “cabra do aire” ou “avelaiona”. Hai un refrán que di: “Cando a avelaiona laia, prepara a mortalla”.