O URCO

O Urco é un animal fantástico, especie de can negro, moi grande, con cornos e orellas longas, a presenza do cal é considerada de mal agoiro. O urco habita nas beiras do río Lérez, nunha tenebrosa paraxe que chamaban borrón.
O Urco é un can de grande corpo, negro coma a noite e peludo ; cunhas orellas moi longas e uns cornos pequenos, ademais dun rabo mouro tamén como toda a pelaxe, semellante á do can, máis cunha presa de cabelos, imitante a un pincel.
O Urco non adoita verse doadamente, pois agáchase nas fochas entre os penedos das ribeiras do mar, e a súa presenza coñécese polo seu oubeo. Porque este é coma un forte e chión asubío, que parece que, ó se escoitar, xea o sangue nas veas e estremece o corpo todo, coma se a un lle clavasen un coitelo no peito. Sempre que se o escoita ouvear, acontece unha desgraza: alguén morre sen se saber como nin por que, pois aparentemente os accidentes non teñen explicación posible.