CURUXA


É un ave de rapiña, de figura branca, fantasmagórica; cabeza moi grande con ollos negros, o peteiro ganchudo , as ás longas redondeadas. Rabo curto, rostro en forma de corazón. Realmente moi doada de identificar.

Forma que adoptan os ananos para anunciar a morte de alguén, tamén pode ser unha bruxa, aínda que neste caso serían paxaros da morte.
É un ave de mal agoiro, que aparte de predicar a morte pode traer outras desgrazas. Tamén se asocia ó demo, entra nas igrexas e beben o aceite das lámpadas. Se lle ves a cara é que estás morto.