CORVO

Animal de mal agoiro, é un dos disfraces do demo. Se se xuntan sobre unha casa é aviso de morte, se perseguen a unha persoa tamén.


Demostrouse que os corvos teñen un gran olfato e son capaces de percibir o olor dun corpo enfermo e entón estas aves aparecen alí porque detectaron o cheiro dalguén que vai morrer por enfermidade.


Un home viu como caían pola chimenea tantas bolas de loureiro como anos tiña, foi mirar quen as botaba e resulta que era un corvo negro, ese mesmo día morreu.