MITOLOXÍA GALEGA

Dende o inicio dos tempos, o ser humano utilizou a mitoloxía como unha maneira para explicar a orixe do mundo, os desastres naturais, os cambios estacionais, etc., é dicir, todos os sucesos que non podía entender.

Cada mitoloxía ten os seus propios personaxes e seres característicos, por exemplo:

-Zeus, Afrodita, Hera, Apolo... na mitoloxía grega.

-Xúpiter, Venus, Xuno.... na mitoloxía romana.

-Thor, Loki, Odín, Freia, Frey... na mitoloxía nórdica.

-Isis, Osiris, Ra, Atum, Nut, Seth, Neftis, etc. na mitoloxía exipcia.

-Agni, Chandra, Shivá, Párvati, Ganesha... na mitoloxía hindú.

-Abnoba, Dona do lago, Taranis, Tristán e Isolda.... na mitoloxía celta.

-Lobishome, meigas, bruxas, Santa Compaña... na mitoloxía Galega.

En Galicia, a crenza de seres míticos chegou a ser tan profunda que se converteron nos compañeiros dos galegos. A fronteira entre o real e o imaxinario cada vez distinguíase menos polo que volveuse habitual pensar que os mouros paseaban polas feiras; tamén se cre que moitos animais anuncian a sorte; ou crese tamén na presenza de lobishomes e outros seres nas aldeas.

Estas criaturas sobrenaturais veñen dadas pola necesidade do home de dar explicacións os fenómenos cotiáns. A explicación que o ser humano deu ós sucesos do mundo non sempre respondeu ao razoamento científico. Antes que a ciencia, a tradición popular, a maxia e a mitoloxía foron elementos clave para que os humanos soubesen enfrontarse cos fenómenos naturais.

En Galicia hai moita xente que di que se coñece moi pouco acerca das crenzas mitolóxicas desta terra pero sábese que estaban moi ligadas aos procesos da natureza. A relixión católica provocou que moitos seres da nosa mitoloxía se convertesen en figuras diabólicas, porque era impensable que convivisen con Deus.

Estes mitos, moitos deles convertidos en lendas, enriquecéronse con elementos fantásticos relacionados coa vida nos castros. Tamén elementos artísticos gravados sobre rocha cuxa orixe é misteriosa, convertéronse en símbolos que a xente atribuíu a seres fantásticos.

Vicente Risco investigou sobre os seres mitolóxicos e di que a razón e a ensinanza son indispensables para transmitir coñecementos científicos. En palabras deste intelectual galego,

a cultura tradicional galega é, no seu corpo fundamental, unha cultura cristiá de feitío medieval, de orixe eclesiástica, predominante monacal que, como outras moitas da Europa moderna, conservou, incrustados unhas veces, embebidos e incorporados outras, unha che de elementos antigos.” (Etnografía)

A cultura popular galega está chea de seres mitolóxicos que interveñen na vida dos campesiños que viven con eles nas aldeas. Estes seres, ás veces, benefician ós humanos, e outras castíganos.

Imos falar a continuación dalgúns dos seres máis frecuentes da mitoloxía desta terra chamada Galicia.