ALICORNIO


Ten forma de cabalo branco con un corno grande de color crema na fronte. A medida que estes seres van medrando o corno medra con eles. Este corno ten propiedades máxicas e curativas. Se un alicorno toca a un enfermo co corno, este sana ó instante. Se toca a unha persoa sana dalle boa ventura.

Os cornos metidos en estoxos de prata cun colgante para penduralos úsanse contra o mal de ollo e o meigallo ou as dores de parto. As raspaduras de corno en leite dánselle a beber ó doente, tamén se fan os aneis de alicorno de prata cun engaste no que vai o pó. Adoita levarse no dedo anular porque así da sorte.

Os alicornos están a punto de extinguirse, nestes tempos é máis difícil ver un alicorno que antes, por eso non se deben matar. Aínda que hai xente que o fai porque ó beber o sangue prateado deste animal adquírense varios anos máis de vida.