DEMOS

Orixinariamente o termo de demos aludía a calquera ser entre os deuses e os homes sen características especificamente negativas. Co tempo foi desenvolvendo connotacións negativas agora coñécense como espíritos que a relixión oficial considera demoníacos.

O demo e as bruxas reúnense nos aquelarres, que se celebran nos cemiterios e no mar profundo. Ademais realízanos a unhas horas e nuns días determinados. Ás doce da noite porque é o momento máis escuro e os venres e sábados pola loita entre o ben e o mal.

Antes de crear o mundo Deus creou algúns anxos para que fosen acomodadores deste. Entre eles estaba Lucifer.

Un día Deus meteu un dedo na auga e deixouna escorregar e cando lle quedaba unha pinga, sacudiu o dedo e naceu un anxo. Daquela Lucifer dixo:

- A ver se saco eu un!

Meteu o dedo na auga e naceu outro anxo, pero de seguido para demostrarlle a Deus as súas habilidades, meteu a man enteira e sacou 5 anxos. E dixo:

- Gañeiche! Eu xa levo seis!

A Deus incomodouno aquela arroutada:

- O poderoso son eu! Agora vas ser levado ó Inferno e vas servir para darlles tomento ós condenados.

Dende ese momento os demos pelexaron cos anxos. Foron levados ó inferno en lexións, pero a Virxe apiadouse deles e cando baixaba a décima lexión ordenou a Miguel que pronunciase as seguintes palabras: “Sursum Corda” (Erguede os corazóns). De súpeto, as portas do ceo e as do inferno pecháronse, os anxos da décima lexión que baixaban ó inferno quedaron suspendidos no aire e dende entón andan polo mundo causando estragos. Son os demos, demachiños e demiños.

A xente que non sabe a historia da orixe dos demos cre que só hai un, pero esas persoas están moi equivocadas. Hai moitos demos e todos están moi ben organizados, cada un ten a súa función propia. Agora falaremos dos distintos tipos de demos:

Demo Coxo: Demo encargado de recoller as almas dos que morren, pero como está coxo case nunca chega a tempo, por fortuna dos espíritus das vítimas.

Demo Maior: O demo maior é o que domina ós outros, é o príncipe das tebras, o demo por excelencia.

Ten varias formas; entre elas a de castrón ou carneiro negro e a de morcego.

Recibe moitos nomes, máis coñecidos que este, como por exemplo: Satanás, Lucifer, Becebú...

Antes da caída era o máis fermoso dos anxos, agora é o máis horroroso dos demos.

Para librarnos del temos que saber recitar sen trabucarnos as Palabras retorneadas de san Xoán. Cando vexamos este demo e nos queramos librar del, dialogaremos.

- Cala, Demo, que che vou dicir as palabras retorneadas de san Xoán.

- Eso será o que che valerá.

- Ás trece, trece raios de sol,

¡Que estoupe o Demo Maior

e todos cantos van ó redor!

E o Demo estoupa facendo unha nube de fume negra.

Demo Negro: É o peor e o máis mal intencionado. Adícase a traer almas ó inferno valéndose de toda clase de trucos. Adopta varias formas, como por exemplo figuras de animais non coñecidos e arrepiantes. Provoca a morte mediante sustos.

Demachiños: Demos familiares, microscópicos, invisibles, maliciosos, aliados das bruxas, producen meigallos e enfermidades valéndose da súa facilidade para colarse entre a comida ou no cuspe e meterse no corpo da xente. Son os causantes dos ruídos inexplicables e dos fenómenos estraños. Os demachiños teñen a mesma orixe cos demos; son anxos expulsados do paraíso. Tódalas bruxas queren ter a caixa dos demachiños aínda que só a teñen as bruxas máis fortes e poderosas. Desta caixa saen demachiños e a bruxa que a posúa poderá controlar a todos os demachiños que saian dela.

Demiños: Seres moi pequenos que se poden fabricar de tres formas diferentes:

Indo a un lugar onde non se escoita ningún son a medianoite. Tense que levar sangue de galiña negra e firmar alí un pacto co demo maior. Despois desto debese abrir un ovo de galiña negra ou dun galo desta mesma cor e de aí nace un demiño, cando nacen mételos nunha caixa, e dáselles limaduras de ferro. O demiño obedece e cumpre os nosos desexos.

Tamén se pode crear un demiño doutra forma, se pomos un pano de mesa sobre un fento na noite de san Xoán pola mañá aparecen demiños. Son os causantes do Ramo Cativo, (doenza psíquica provocada pola entrada no corpo do demo maior e de varios demiños). Hai moita confusión entre os demiños e os demachiños, pero son seres distintos, unha das diferenzas é que estes últimos son más incontrolables.

A última forma, e a que parece máis complexa, pero non esixe asinar pacto ningún; temos que ter un ovo de galiña negra que fose montada por un galo negro. Con moito coidado facemos un buraquiño no ovo cun alfinete, e co mesmo pícase un no dedo maimiño da man esquerda; a pinga de sangue que sae bótase polo buraquiño e despois cun pouco de cera tápase o furado con moito xeito. Só queda incubar o ovo baixo o sobrazo esquerdo ou baixo un montón de esterco ata que sae o demiño.

Demo burleiro: É o que se dedica a facer burlas e asutar ós viaxeiros. É un demo de tamaño mediano que pode adoptar varias formas. Ó resto de demos parécelle moi gracioso, pero ós humanos dalles moito medo, porque é feo e as súas bromas consisten en darlles sustos e quedar ben entre o resto de demos.

Demo gardián de tesouros: É o encargado de custodiar os tesouros agochados polos demos, hai un demo só para isto porque teñen moitos tesouros e son todos moi valiosos. Se un humano logra vencer ó guardián de tesouros e colle as riquezas que estes agochan transformarase nun demo, canto máis diñeiro deste botín gaste, estará máis preto de ser un destes seres.

Demo rumudo: Adopta forma de carneiro e aparecéselles aos que andan solos pola noite. O carneiro deixase coller e agarimar. A vítima colle o carneiro e lévao a casa, nese momento, o demo búrlase del.