AS FADAS


As fadas existen dende que o home existe, foron creadas con eles, e as lendas que falan delas proveñen de anos atrás.


As fadas son as amorosas compañeiras dos amantes, poetas, músicos, artistas, escultores, escritores e toda persoa relacionada coa arte; denominan a súa inspiración, que son as fadas, Musas, que se presentan a miúdo amables, amorosas, esquivas, invisibles, caprichosas ou sensitivas. Estas son as súas principais características.


O home nunca puido resultar alleos ós seus encantos, por eso buscaas incansablemente e recordas transmitindoas de xeración en xeración. Para os humanos, as fadas viven nun mundo único e especial no que sempre é primavera, e os cores brillan con máis intensidade, donde o amor se respira unido ó perfume das flores. Pero as fadas viven entre os artistas non no mundo que todos creen que viven.


Fisicamente as fadas son seres diminutos. Teñen ás nas costas, con forma de alas de bolboreta. Levan traxes feitos con follas de árbores e flores silvestres. Cando voan non podemos velas, só vemos unha luz que se move, por eso moitas veces confúndense cos vagalumes.


Se maltratamos a estes seres tórnanse malvados e usan o seu poder para o mal como antes o usaban para o ben. Son vengativas, non teñen clemencia, cegas e implacables co destino.


Ó transformarse en seres malignos cambia o seu aspecto, a roupa tórnase mustia e as ás vólvense de cor negro. Ademais, cando voan, en vez de verse unha luz branca vese unha luz negra.