MOUROS E MOURAS

Mouros: para moitos, o nome destes seres fantásticos estaba relacionado co ouro, xa que eran criaturas que vivían no subsolo (baixo a terra ou a auga) e adicábanse á extracción deste mineral. Tamén pódese relacionar con feito de que custodiaban enormes tesouros, e ás veces ofrécenllelos ós humanos a cambio dalgún favor, aínda que o compromiso principal é gardar o segredo.

Os mouros eran presentados como “non bautizados” ós paganos, xa que a igrexa tiña moita influencia en Galicia. Os mouros traballaban na orfebrería, construían enormes castelos, castros, penedos, etc. Son seres solitarios, que non acostuman a saír á superficie aínda que en moitas lendas axudan a mortais, pero case nunca con nobres intencións.

Estes seres eran poderosos e paganos, pero vivían dunha forma similar á do pobo galego. Daban sepultura ós seus mortos, escoitaban misas dadas polos seus propios sacerdotes, bebían viño, comían carne e bailaban polas noites. Moitas veces tamén intentaban seducir ás rapazas ou raptaban ós campesiños.

Mouras: vivían nas costas de Galicia, en castros, castelos, pozos, etc. Pero sempre baixo a auga ou a terra onde gardan valiosísimos tesouros. Reciben moitos nomes (madamas, donas, encantos, fadas, etc.). Son mulleres belísimas (cabelo roxo, pel branca, meixelas avermelladas...) e encantadas, as cales, teñen grandes cualidades para o baile e a composición e interpretación de cancións. Teñen a capacidade de adoptar formas diversas, pero elas prefiren a de serpe ou cóbrega. Gústalles aparecerse ó lado da súa morada en pleno día nesta forma (sobre todo o día de San Xoán). Se un home as ve, é seducido por elas, e a única forma de que ela tamén se namore deste humano, é rompendo o encantamento que pesa sobre a moura, bicándoa ou facendo o ritual que ela lle indique. Se logra rompelo, conseguirá desposar a moura, agora, roto o encanto, convertida nunha fermosísima moza, e posuír o tesouro que esta gardaba, todas as mouras teñen moitas riquezas, entón o que despose con elas será rico e a boa sorte estará sempre con el.

A relación entre mouras e humanos baséase no intercambio de bens, que son usualmente favorables só para os últimos. De aí saíu a famosa frase que os humanos usaban para contactar cas mouras “Dáme da túa riqueza e eu dareiche da miña pobreza.” ou a que usaban as mouras para contactar cos humanos “...dicían os penedos: darme a vosa pobreza e eu dareiche da miña riqueza.”

Entre os bens campesiños que estes daban ós mouros, a leite xogaba un papel moi importante, xa que é un producto especialmente apreciado polas donas. Precisamente, unha das formas máis usuais de romper o encantamento é substituír o bico polo ofrecemento dunha cunca de leite.

As mouras tamén se caracterizan por ser moi vingativas e interesadas. A maioría dos tratos que fan cos humanos teñen que manterse en segredo, porque se non, o ouro que estas lle dean convertérase en carbón.

Unha das mouras máis coñecidas é Brancaflor, filla do demo. É a menor de tres irmáns. Ela é a que axuda a Xan, un home, que perdera a alma xogando as cartas co demo, e para recuperala tiña que ir o castelo de Irás e Non Volverás e superar diversas probas, que esta moura lle axuda a pasar. Ó final, namóranse e escapan xuntos.