SANTA COMPAÑA

Este nome é erróneo porque aínda que é unha compaña non é santa, máis ben parece unha alíada do demo.

Vicente Risco cre que esta compaña é o exército dos mortos que buscan o seu lugar no ceo.

En Galiza a compaña actúa en territorio parroquial, noutros sitios a cousa cambia, por exemplo en Asturias dise que voan. Os defuntos de cada parroquia érguense da tumba, entran na igrexa, collen o que precisan (candeas, cruces, auga bendita, etc.) e póñense a andar polos camiños. Andan sempre descalzos e teñen as mans moi frías.

Sábese que saen de noite pero non exactamente a que hora nin cando.

Van andando en dúas ringleiras e os integrantes van envoltos nun sudario branco e descalzos. Levan unha candea, unha cruz, un caldeiro de auga bendita e unha campaíña que cando pasan cerca de nós, esta campá soa.

A procesión comeza dando voltas ó redor da igrexa cantando nun idioma extraño que se asemella ó latín. De seguido fan o camiño dos enterros sen saír dos límites da parroquia.

Visitan as casas dos que van morrer pronto e deixan un caldeiro na porta da casa como aviso.

Na Santa Compaña hai unha persoa que está viva. Esta é a portadora da cruz e ten que andar con ela toda vida, a non ser que lla de a outro mortal. O portador da cruz, aínda que sofre, é o xefe, o que dirixe a Compaña. A persoa que vai con eles empeza a facerse pequeno e a adquirir forma de morto, morre moi lentamente a non ser que lle dea a cruz a outro. Non se sabe se os vivos que van coa Compaña van en corpo e alma ou só con un destes. Os vivos só van con elas pola noite, polo día son seres humanos normais e correntes.

A Compaña non pode mirar atrás, sempre teñen que seguir cara a adiante. Ademais, teñen que gardar silencio sobre a súa actividade, se o vivo di algo de que é o portador da cruz, cando morra a súa alma irá ó inferno e sufrirá durante toda a eternidade os peores tormentos.

Se non queremos que nos atrapen debemos facer algunha destas cousas para evitalo:

  • Déitarnos no chan e facer o morto. Non nos darán a cruz pero pasaran enriba de nós e farannos dano.

  • Levar no peto cornos de vacaloura e allo.

  • Cando nos vaian dar a cruz debemos responder: “Cruz teño” para que o portador da cruz non nos faga entrega dela.

  • Se as vemos de noite temos que facer un círculo ó noso redor e debuxar a cruz da igrexa dentro deste, entón non nos poden facer nada.

Se aínda así nos dan a cruz só hai dúas formas de librarse dela, ou ben dándolla a outro mortal ou colgándoa do pescozo dun can e metendonos nunha arca chea de maíz.